jueves, 23 de junio de 2011

Def Con Dos será o cabeza de cartel da XII Feira da Troita


Sobrado dos Monxes celebrará os días 20 e 21 de agosto a XII Edición da Feira da Troita.
Como é tradicional o primeiro día do evento celebrarase o "Festival Musical e Intercultural da Xuventude" que neste 2011 cumple a súa VII Edición.
O grupo de rap metal galego-madrileño DEF CON DOS será o cabeza de cartel. A formación que lidera César Strawberry acaba de quitar ó mercado o recopilatorio titulado "La culpa de todo la tiene Def Con Dos" para celebrar os 20 anos de carreira subidos enriba dos escearios. Na súa web www.defcondos.com xa teñen inserida a data de actuación no noso Concello http://defcondos.com.mialias.net/?p=307
Pola súa banda, os ferroláns Riff Raff que fan versións dos míticos australianos ACDC serán os teloneiros do festival.
O día grande da Feira da Troita será o domingo 21 de agosto onde como é tradicional a "Troita á Montañesa" será a estrela da festa e que se poderá degustar na Praza do Concello así coma nos locais hostaleiros de Sobrado dos Monxes.
A orquestra FANIA BLANCO SHOW será a encargada de facer a sesión vermú e amenizar a tarde-noite con boa música. Ademáis tamén actuará o grupo de baile A MARISTELA de Sobrado dos Monxes e o grupo de percusión TRÓPICO DE GRELOS que nos achegará o seu espectáculo "Zum bom" animará a tarde cos seus alegres ritmos.
Esta información e o cartel completo da XII Edición da Feira da Troita irase ampliando neste blog en vindeiras datas.



jueves, 10 de febrero de 2011

Estamos a traballar na elaboración da XII Feira da Troita

Dende o Servizo de Xuventude, Cultura e Turismo xa se está a traballar na elaboración da XII Edición da Feira da Troita.
En breves datas iremos ampliando información.