jueves, 29 de julio de 2010

Cartel da XI Edición da Feira da Troita

Hoxe congratulámonos de presentarvos o CARTEL OFICIAL da XI Feira da Troita.

Agardamos que vos guste a programación.

NOTA: para ver máis ampliado o cartel clickade enriba del.

Saúdos

martes, 27 de julio de 2010

Quentando motores para a XI Edición da Feira da Troita

Xa falta menos para que chegue a XI Edición da Feira da Troita, hoxe como aperitivo ímovos deixar uns videoclips dos grupos que actuarán este ano no esceario da Praza do Concello.

Qué os disfrutedes!!!







lunes, 26 de julio de 2010

Benvidos

LOS SUAVES
MIGUEL COSTAS

FESTICULTORES


GUEZOS


Desde o departamento de Turismo do Concello de Sobrado dos Monxes inauguramos no día de hoxe este novo blog que será o sitio oficial da Feira da Troita de Sobrado dos Monxes.
Neste ano 2010 celebramos a XI Edición onde a "Troita á Montañesa" é a auténtica estrela desta festa.
Os días de celebración serán o sábado 21 de agosto co VI Festival Musical e Intercultural da Xuventude onde a partires das 22.30 horas na Praza do Concello e de caracter gratuito saltará ó esceario o ex-líder e ex-vocalista de Siniestro Total MIGUEL COSTAS como gran antesala do concerto de LOS SUAVES que terá lugar as 00.00 horas (este concerto está patrocinado polo XACOBEO 2010).
O día grande da XI Feira da Troita será o domingo 22 de agosto onde haberá stands de artesanía, pregón a cargo de periodista nado en Sobrado José Castro, degustación de TROITA Á MONTAÑESA na praza do Concello e nos locais hostaleiros de Sobrado (tamén haberá polbo á feira), actuación do grupo de baile A Maristela de Sobrado, baixada de carrilanas con premios en metálico para os máis veloces, rocódromo e tiro con arco..., e xa pola tarde-noite, actuación dos animados FESTICULTORES na Praza do Concello e como gran peche a esta xornada festiva, os ourensáns GUEZOS serán os encargados de facer o fin de festa con un concerto tamén en dita Praza.
Música, artesanía, gastronomía, deporte e cultura misturaranse nun fin de semana máxico no interior de Galicia.
NON DUBIDEDES EN VISITARNOS!!!